Xosé María Álvarez Cáccamo le no Museo o poema que escribiu «de forma compulsiva» á morte da súa irmá Berta

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Xosé María Álvarez Cáccamo, primeiro pola esquerda na presentación da exposición adicada a súa irmá
Xosé María Álvarez Cáccamo, primeiro pola esquerda na presentación da exposición adicada a súa irmá Ramón Leiro

Unha xornada reunirá posteriormente aos directores e xefes de coleccións dalgúns dos principais centros de arte en España

01 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Á morte de Berta Cáccamo en maio do 2018, o seu irmán maior, Xosé María Álvarez Cáccamo comezou a escribir «de forma compulsiva» para combater a súa ausencia. O resultado, segundo engadiron dende a Deputación de Pontevedra, foi Berta, un poema longo que en 2019 publicou a editora Chan da Pólvora. Este venres, a escasos días de conmemorarse o quinto aniversario da morte da artista, o autor fará unha lectura pública deste poema no Edificio Castelao.

A lectura estará acompañada do comentario de Juan de Nieves, comisario da mostra Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo. Esta actividade forma parte da programación que o Museo adica á artista viguesa con motivo da súa exposición, que se pode visitar ata o 9 de xuño.

De igual modo, o 7 de xuño celebrarase unha xornada na que, baixo o título de Arquivos de Artistas. Ferramentas para a Investigación nos Museos, reunirá aos directores e xefes de coleccións dalgúns dos principais centros de arte en España. Entre outros, está confirmada a presenza de Manuel Segade, director do Reina Sofía; Beatriz Herráez, directora de Artium; Javier Hontoria; director de Museo Patio Herreriano; e Eduard Vallès, xefe de coleccións do Museu Nacional d’Art de Catalunya.

Presentación de catálogo

Previamente, este mesmo venres, o Museo de Pontevedra presentará o catálogo da exposición Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas, que acolleu o Edificio Castelao entre agosto e outubro do ano pasado. Esta publicación inclúe unha ampla reportaxe gráfica da exposición, así como varios textos firmados por Alberto Ruíz de Samaniego, comisario da mostra e unha das ; Ignacio Castro, filósofo e crítico cultural; ou un poema de Luis del Álamo Vaquero, ademais dunha selección de textos elaborados polo propio artista.

Na presentación, que se desenvolverá ás 12.30 horas, ademais de Alberto Ruiz de Samaniego, está prevista a participación de Telmo Meana, fillo do artista; Román Corbato, deseñador do libro; e Ángela Comesaña, responsable de Publicacións do Museo de Pontevedra.