O Breogán estrea o venres a mostra «Bonecas e Traxe Galego»

La Voz O GROVE / LA VOZ

O GROVE

MARTINA MISER

A mostra forma parte do seu programa cultural

01 may 2024 . Actualizado a las 20:25 h.

O CMDC Breogán inaugura este venres, ás oito da tarde na Casa da Cultura de O Grove, unha singular exposición de Bonecas e Traxe Galego, composta por dezaoito pezas modelo Nancy vestidas con traxes que se usaban no Grove para os diferentes oficios e con traxes tradicionais. Trátase dunha colección que pertence a Lola Meis, quen de xeito artesán foi fabricando con moita dedicación e detalle cada unha das prendas.

A mostra permanecerá exposta ata o vindeiro 31 de maio e poderá visitarse no horario habitual de apertura da biblioteca. O acto servirá, ademais para, presentar un novo número de Follas Culturais, que conta coa colaboración, entre outros, de Gogue, Alma Rodríguez, Marina Aguín, Iria Gondar Queco Fresco e Mari Carmen Cacabelos.